Conxeados pés e máns malia ter o peito quente, seu corpo sufría os efectos dun temporal terrible.
Chegara sen avisar, como ocorre case sempre, pero o que máis lle preocupaba era cando liscaría. Poderíamos decir que xa se cheiraba o ambiente revolto, pero para que enganarnos, iso nin os máis vellos do lugar o sabían.
Co vento zoando na boca do estómago, a choiva petando contra seus ollos e co desacougo e a tensión que aquilo lle prodicía, alí se atopaba.
«Malia que todo o leve a auga, sei que ti coidarás de min» decialle compunxido á súa serea. E ela acubillabao no seu peito, a el e á súa alma rota polas ondas, sabendo que días incertos se achegaban a aquela terra de salitre nos beizos.
Mais tarde ou cedo, o sol sairía de novo.