Andas coa cabeza polas nubes, razoas co vento, falas só coas pedras… que demo estás a facer?

Agora, cando nada ó teu redor se ten en pé, cando xa ningún puntal pode sosterte, xusto agora acordas. Pero, malia que sexa tarde, podes ter por seguro que sempre estarás a tempo. Tódalas historias teñen varias opcións -como en Matrix, recordas? pílula azul ou vermella?- e ti menos que ninguén mereces o que estás pasando.

Isto pode ser un pesadelo como o Show de Truman ou unha fermosa traxedia como A vida é bela, pero aínda que todo sexa unha farsa eres tí quen ten nas máns o guión desta película. Eres o director, o productor e o guionísta.

Desperta. Préndelle lume ó decorado.

Deixa unha resposta